Webinario sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior #BEME 2022-2023

Listen to this page using ReadSpeaker
345 lecturas

O mércores 10 de marzo ás 18:00 h (hora española), a Secretaría Xeral da Emigración organiza un webinario informativo sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2022-2023 para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran cursar un máster nunha das universidades de Galicia.

  • A actividade está orientada a estudantes nacidos/as en Galicia ou descendentes de galegos/as que residan no exterior e queiran  coñecer máis información sobre o programa, e tamén a entidades académicas, centros, institucións etc. interesadas.
  • A Secretaría  Xeral da Emigración presentará a 6ª edición das bolsas, que conta con 250  prazas, o número  máis alto dende o inicio  do programa.

Pode seguirse en: 

Máis información: beme.emigracion@xunta.gal  | Tlf. & WhatsApp: +34 604 068 008

Webinario sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior #BEME 2022-2023
Evento: 
Webinar
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data: 
10.03.2022
Hora: 
18:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: