'Viaxe polas cociñas galegas', con Manuel Corral Vide, en Bos Aires
O venres 30 de setembro a partir das 17,30 h. con entrada libre e de balde, no Salón Arturo Cuadrado da sede da entidade galega en Bos Aires, o chef lucense Manuel Corral Vide ofrecerá a charla Viaxe polas cociñas galegas, evento organizado polo Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) e a Federación de Asociaciones Gallegas xunto co Programa Lectura Mundi (da UNSAM) e a Cátedra Galicia-América
- A presentación do destacado cociñeiro forma parte do ciclo denominado "Benvidos á Terra" que impulsa a Cátedra, e enmárcase nun virtual acordo de colaboración entre ámbalas dúas institucións que buscan conformar un espazo de reflexión crítica, investigación e difusión da cultura, a historia e a realidade de Galicia
- Corral Vide ofrecerá un saboroso percorrido pola historia de Galicia a través dos seus pratos emblemáticos, viaxeiros inevitables nas maletas emigrantes, e as fusións nadas nos fogóns da diáspora nunha constante e máxica viaxe circular

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data:
30.09.2016
Hora:
17,30
Lugar:
Salón Arturo Cuadrado - Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA)
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





