Taller "Ferramentas para a busca de emprego en Alemaña", en Düsseldorf
O sábado 18 de xuño, de 10,00 a 17,00 h., na sede da Oficina Económica e Comercial de España na capital renana, a oficina de Düsseldorf da Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Alemaña, en colaboración coa Agentur für Arbeit (Axencia Federal de Emprego de Alemaña), organiza o obradoiro "Ferramentas para a busca de emprego en Alemaña", dirixido a todas aquelas persoas que estean a buscar emprego en NRW e queiran coñecer recursos útiles para atopar un posto de traballo adecuado á súa formación.
As prazas son limitadas e participación é de balde polo que se prega preinscrición escribindo un correo-e (ata o 14 de xuño) a: dusseldorf@meyss.es
Este taller presenta dunha forma práctica recursos que che permiten identificar as oportunidades de emprego, buscar un posto de traballo e redactar un CV e unha carta de presentación
Ademais ofrece información sobre o recoñecemento das cualificacións profesionais e alternativas ao traballo por conta allea
Ofrecerase unha revisión do CV a quen o desexe
Máis info: picar aquí para descargar programa






