Sardiñada e Festa do Pemento da A.C.G. A Roda de Lausanne
O sábado 14 e o domingo 15 de xuño, na Cantine de Sauvabelin, a Asociación Cultural Galega A Roda de Lausanne, en Suíza, organiza a súa tradicional Sardiñada e Festa do Pemento.
Serán dúas intensas xornadas de gastronomía e música con entrada gratuíta. Haberá as seguintes actividades:
Sábado 14:
- Área gastronómica (desde as 17:00 horas).
- Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego (21:00 horas).
- Concerto de Axeigo (22:00 horas).
- Verbena con DJ Anxo Silva (23:30 horas).
Domingo 15:
- Área gastronómica (desde as 12:00 horas).
- Actuación musical dos grupos: Sementeira (13:30 horas), Galiza Celta Delémont (14:00 horas), ACD Tordoia (14:30 horas), Flamenco Perujo (15:00 horas), Irmandade Galega (15:30 horas) e ACG A Roda (16:00 horas).
Entrada gratuíta.
Cartel informativo: Descargar.

Evento:
Festa
Organiza:
Asociación Cultural Galega A Roda
Data:
14.06.2025 a 15.06.2025
Hora:
17:00
Lugar:
Cantine de Sauvabelin
Route du Signal, 46
Lausanne - 1018Vaud Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






