"Saborea Galicia", en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
237 lecturas

O xoves 30 de maio ás 12:30 h, no Restaurante García de Punta Carretas (Montevideo), inaugúrase o Saborea Galicia.

  • Organizados pola Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Consellería de Mar, a Consellería do Medio Rural e a Fundación Pública Artesanía de Galicia, Saborea Galicia son xornadas dirixidas a profesionais do sector da alimentación, a comunicación e a distribución, e alumnas e alumnos e profesorado de diferentes centros de ensino de hostalería do Uruguai.
  • O chef galego do restaurante Maruja Limón de Vigo, Rafa Centeno, estrela Michelin, dirixirá show-cookings/degustación nos que elaborará pratos con produtos das empresas colaboradoras.

Datas e horarios dos obradoiros:

  • Xoves 30 de maio: ás 12:30 e ás 18:00 h no Restaurante García de Punta Carretas.
  • Venres 31 de maio: ás 13:00 h (Restaurante García) e ás 16:30 h no INEFOP (clase maxistral dirixida a estudantes e mestres/as de diferentes escolas de restauración do país seleccionados/as polo Goberno uruguaio a través do Instituto Nacional de Empleo y Formación Profesional - INEFOP).
"Saborea Galicia", en Montevideo
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data: 
30.05.2019 a 31.05.2019
Lugar:
Restaurante García
Guipúzcoa, 331 - Local 763 (Punta Carretas)
Montevideo - 11300Montevideo
Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: