Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Marzo2026A Xunta aborda vías de cooperación en América Latina para desenvolver o modelo galego de atracción de talento conectado coa demanda das empresas audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo diferentes encontros bilaterais en Quito no marco no foro organizado polo Goberno do Ecuador e o Banco Mundial. José González reuniuse co embaixador de España en Ecuador e con representantes gubernamentais de Ecuador, Colombia e República Dominicana para explorar novas oportunidades de colaboración en materia de mobilidade laboral. O conselleiro subliñou a importancia de avanzar de maneira... Máis información
-
27Marzo2026Miranda asiste en Panamá ao estreo de “Héroes del Canal”: “É un recoñecemento necesario ás historias humanas que hai detrás da emigración” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao estreo do documental “Héroes del Canal”, unha serie de catro curtametraxes que recuperan as historias de traballadores españois vinculados á construción do Canal de Panamá. Durante o acto, organizado pola Fundación Nosaterra na Cidade das Artes, Miranda puxo en valor esta iniciativa como un exercicio de memoria e dignificación da emigración, destacando que “proxectos coma... Máis información
-
27Marzo2026O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez, mantén un encontro de traballo co embaixador de España en Panamá, Guzmán Palacios audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co embaixador de España en Panamá, Guzmán Palacios, no marco da súa visita institucional ao país. Unha reunión na que tamén participou Ricardo Gago, presidente da Fundación Nosa Terra, e que serviu para reforzar os vínculos coa colectividade galega e seguir avanzando na colaboración institucional en beneficio da cidadanía galega no exterior. Máis información
-
26Marzo2026A Xunta proxecta o modelo galego de atracción de talento no foro de mobilidade laboral organizado polo Goberno de Ecuador e o Banco Mundial audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participa hoxe en Quito no encontro internacional ‘El futuro de la migración laboral y la movilidad de talento en América Latina’. O evento reúne hoxe a responsables institucionais, organismos multilaterais e expertos de España, Europa e América Latina para abordar os retos e oportunidades da mobilidade laboral, a formación e a atracción de talento. Neste marco, José González participou no panel de... Máis información
-
25Marzo2026A Xunta salienta a colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela e co resto de centros galegos do país a prol da atención social da cidadanía do exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reforza en Caracas os lazos coa entidades galegas de referencia da diáspora. José González visitou a Oficina Social e o Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, ambos apoiados polo Goberno galego, destacando o seu papel esencial na atención directa á colectividade galega. Durante o percorrido, puxo en valor a Oficina Social como un recurso clave para facilitar o acceso ás axudas públicas,... Máis información
-
24Marzo2026José González inicia a axenda da súa primeira viaxe institucional a Venezuela cun encontro de traballo co embaixador de España no país audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, acompañado polo secretario xeral da Emigración, reforza en Caracas o apoio aos galegas e galegas da diáspora. O obxectivo desta reunión é analizar a situación da colectividade galega, que supera as 30.000 persoas, nun contexto marcado pola complexidade política e social. Neste sentido, José González salienta que a colaboración coa Embaixada de España resulta clave para garantir unha atención... Máis información
-
20Marzo2026A Xunta impulsará en Ecuador a proxección mundial do modelo galego de atracción de talento e consolidará os lazos coa colectividade residente en Venezuela audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, iniciará o martes en Caracas unha viaxe institucional orientada a coñecer de primeira man a situación e necesidades da comunidade galega asentada no país, que supera as 30.000 persoas. A axenda incluirá, entre outros encontros, visitas á Oficina Social e ao Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, unha xuntanza cos responsables das entidades galegas do país e asistencia á... Máis información
-
20Marzo2026Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con José Canosa Blanco, presidente do Centro Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, co obxectivo de continuar reforzando a colaboración institucional e analizar novas vías para impulsar a actividade da colectividade galega en Cataluña. Durante a reunión abordáronse os principais retos actuais da entidade, así como novas iniciativas... Máis información
-
19Marzo2026Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino audio Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.006 persoas menos. En paralelo, increméntase en máis de 15.000 as persoas descendentes xa nacidas no estranxeiro, acadando actualmente unha comunidade galega no exterior de máis de 563.000 cidadáns. O número de emigrantes galegos —persoas que naceron en Galicia e residen no exterior— volve baixar un... Máis información
-
18Marzo2026A Xunta salienta a capacidade das BEME para atraer talento cualificado do exterior cunha nova edición aberta coa que se acadarán os 2.000 beneficiarios audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo un encontro coa mocidade galega do exterior que realiza este curso os seus mestrados na Universidade da Coruña. José González lembrou que ata o 30 de abril está vixente o prazo de solicitude da convocatoria 2026-2027, coa que se chegará á cifra histórica de máis de 15 M€ mobilizados nesta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna. Constatou a eficacia destas axudas para seguir... Máis información
Páxinas |









