Proxección de 'A palabra xusta', no Instituto Cervantes de Mánchester
O mércores 12 de xuño ás 18:00 h, na sede do Instituto Cervantes de Mánchester, proxéctase a longametraxe documental A palabra xusta, de Miguel Piñeiro.
- Dirección: Miguel Piñeiro
- Ano de produción: 2018
- Duración: 108 minutos
- Proxección na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en inglés
Sinopse: A vida dunha muller, dunha pedagoga que perseguiu sempre a excelencia no seu traballo. A historia da fundadora da Escola Rosalía de Castro en Vigo. A palabra xusta é unha viaxe no tempo na compaña da mestra Antía Cal. Unha visita á casa da súa infancia en Muras -unha casa parada no tempo- que leva a pegada das cartas de amor que o seu home Antón Beiras lle enviou mentres eran mozos. Unha historia de amor polo coñecemento e pola pedagoxía. Ou simplemente unha historia de amor.
Máis info: cultura.cervantes.es | Facebook | Twitter
Evento:
Proxección
Organiza:
Instituto Cervantes de Mánchester
Data:
12.06.2019
Hora:
18:00
Lugar:
Instituto Cervantes de Mánchester - Salón de Actos
326-330 Deansgate Campfield Avenue Arcade
M3 4FNManchester (Greater) Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: