Proxección de 'A palabra xusta', no Instituto Cervantes de Mánchester

Listen to this page using ReadSpeaker
476 lecturas

O mércores 12 de xuño ás 18:00 h, na sede do Instituto Cervantes de Mánchester, proxéctase a longametraxe documental A palabra xusta, de Miguel Piñeiro.

  • Dirección: Miguel Piñeiro
  • Ano de produción: 2018
  • Duración: 108 minutos
  • Proxección na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en inglés

Sinopse: A vida dunha muller, dunha pedagoga que perseguiu sempre a excelencia no seu traballo. A historia da fundadora da Escola Rosalía de Castro en Vigo. A palabra xusta é unha viaxe no tempo na compaña da mestra Antía Cal. Unha visita á casa da súa infancia en Muras -unha casa parada no tempo- que leva a pegada das cartas de amor que o seu home Antón Beiras lle enviou mentres eran mozos. Unha historia de amor polo coñecemento e pola pedagoxía. Ou simplemente unha historia de amor.

Máis info: cultura.cervantes.es | Facebook | Twitter

Proxección de 'A palabra xusta', no Instituto Cervantes de Mánchester
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Instituto Cervantes de Mánchester
Data: 
12.06.2019
Hora: 
18:00
Lugar:
Instituto Cervantes de Mánchester - Salón de Actos
326-330 Deansgate Campfield Avenue Arcade
M3 4FNManchester (Greater)
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: