Proxección do documental "Anduriña, muller de ida e volta" no Centro Galego Saudade de Barcelona
O Centro Galego Saudade acollerá a proxección do documental "Anduriña, muller de ida e volta", dirixido por Cristina Pascual e Faiado Producións, o sábado 8 de febreiro ás 18:00 horas.
- Esta peza recolle a testemuña de quince mulleres emigrantes do Concello de Maceda (Ourense). Cada historia é unha ensinanza, a súa vida e a memoria dun pobo. Ademais é un testemuño do espírito loitador e a fortaleza das mulleres galegas.
Máis info: Facebook.

Evento:
Proxección
Organiza:
Agrupación Cultural Galega Saudade
Data:
08.02.2025
Hora:
18:00
Lugar:
Agrupación Cultural Galega Saudade
Carrer de Chapí, 18
Horta-Guinardó - 08031Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






