Proxección da curtametraxe "A rosa incandescente no Centro Galego de Madrid
O Centro Galego de Madrid proxecta o mércores 12 de febreiro, a partir das 19:00 horas, a curtametraxe "A rosa incandescente", peza audiovisual, interpretada pola actriz chantadina Alba López, que presenta a unha Rosalía de Castro próxima e directa.
- O acto terá lugar no salón de actos do Centro.
Esta peza achega ao público aspectos fundamentais da obra da autora galega, como a súa paixón pola literatura oral, o compromiso co país, a sensibilidade coas persoas marxinadas pola sociedade ou as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora.
- Entrada de balde.
Máis info: Facebook.

Evento:
Proxección
Organiza:
Centro Galego de Madrid
Data:
12.02.2025
Hora:
19:00
Lugar:
Centro Galego de Madrid
Carretas 14, 3ª Planta
Madrid - 28012Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






