Presentación do libro "Temperando. La gaita gallega y su mundo", na Casa de Galicia en Madrid
O xoves 24 de novembro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, preséntase o libro Temperando. La gaita gallega y su mundo, de Fernando Molpeceres e Darío Nogueira.
- Acompañarán aos autores do libro, Pilar Falcón, presidenta da Asociación de Periodistas Gallegos en Madrid e socia de honra da Fundación Albedro, que moderará o acto; Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid; e Ángel Hernando, presidente da Asociación Albedro, que realizará unha breve introdución.
- O acto pecharase cunha breve actuación musical a cargo de integrantes da Celtic Band Lume de Biqueira.
- Temperando. La gaita gallega y su mundo, editado por Ibersaf, foi escrito cunha vocación divulgativa e didáctica. A publicación aúna nun só volume diferentes ámbitos de coñecemento sobre a gaita e o seu mundo, o que o fai un libro destinado tanto a músicos/as como a calquera lector/a interesado/a polo folclore no seu máis ampla acepción.
- Nos seus vinte capítulos nada se dá por sentado, os temas desenvólvense desde os puntos de partida máis básicos, estruturándose de modo que o acceso aos coñecementos máis avanzados sexa sinxelo e todo iso cunha linguaxe clara que evita todo tecnicismo innecesario.
- Os capítulos estrutúranse en tres partes:
-O instrumento: un paseo organolóxico: morfoloxía, construción, afinación, gaitas do mundo, etc. Todo iso con profusión de imaxes que ilustran magníficamente as explicacións.
-O home. O ámbito antropolóxico e social do mundo gaiteiro: historia da gaita en Galicia, folclores, traxe tradicional, etimoloxía, aprendizaxe, medio escénico, problemas físicos dos/as músicos/as, iconografía, a gaita na linguaxe común, etc.
-A música. Música para gaita: nocións básicas de solfexo, a escritura para gaita, técnica, exercicios de digitación, etc., para finalizar cun compendio de partituras tradicionais, internacionais e de autor. - Nos anexos, o/a lector/a atopará unha relación das persoas e grupos que fixeron ou están a facer historia no mundo da gaita en Galicia cunha pequena recensión biográfica, así como un glosario coas definicións da palabras técnicas máis habituais.

Evento:
Presentación
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid
Data:
24.11.2022
Hora:
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: