Presentación do libro "Pazos gallegos. Materiales para su estudio", de Miguel Durán-Loriga y Salgado

Listen to this page using ReadSpeaker
917 lecturas

O martes 29 de abril ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase o libro Pazos gallegos. Materiales para su estudio, de Miguel Durán-Loriga y Salgado, unha obra editada pola Deputación de Pontevedra coa que se saca á luz diversos documentos froito dun longo traballo comezado en 1940 por Miguel Durán-Loriga y Salgado. Animado polo seu amigo o doutor López Suárez, Xan de Forcados, o seu obxectivo era unha publicación sobre as casas señoriais de Galicia. E para abordar a vertente histórica e xenealóxica da obra contou coa colaboración de Antonio Taboada Roca.

Durante cinco veráns, entre 1945 e 1949, Miguel Durán-Loriga, acompañado por Antonio Taboada Roca, recorreu gran parte de Galicia para estudar directamente os complexos pacegos. Froito deste traballo tomaron multitude de notas e realizaron fotografías, debuxos e planos. A morte de Durán-Loriga na primavera de 1950 deixou inconcluso o traballo, pero a multitude de notas, debuxos, planos e fotografías que realizou foron entregados polos seus fillos, Juan e Miguel, ao Museo de Pontevedra en agosto de 1981 e pasaron a formar parte dos fondos desta institución. A Deputación decidiu publicar agora ese arduo traballo, que ten unha utilidade incuestionable para o estudo da arquitectura e a cultura dos pazos.

Intervirán no acto Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra; Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra; e Juan Durán-Loriga y Rodrigáñez, fillo do autor.

Presentación do libro "Pazos gallegos. Materiales para su estudio", de Miguel Durán-Loriga y Salgado
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
29.04.2014
Hora: 
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España