Presentación do libro "Fuentes Mora. La radio en Pontevedra, 1949-1979", en Madrid
O xoves 13 de xuño ás 20:00 h, na Casa de Galicia en Madrid, preséntase o libro Fuentes Mora. La radio en Pontevedra, 1949-1979, de José Ángel Fuentes.
Trátase do primeiro libro de José Angel Fuentes e está prologado por Xabier Fortes.
É a historia apaixonante de Balbino Fuentes Mora, a voz que leJJvou as xestas do Pontevedra do Hai que roelo a toda España; un pioneiro dos medios de comunicación e dun tempo no que a potencia e a innovación que supuxo a radio só se pode comparar coa transcendencia que hoxe ten Internet nas nosas vidas.
En palabras de Xabier Fortes, prologuista do libro, Fuentes Mora foi algo máis que a voz de Hai que roelo, foi ademais a cabeza que revolucionou a radio en Pontevedra e en gran medida tamén en toda Galicia. En tempos de férreo control da censura, foi capaz de ir abrindo espazos que trataban de burlar ese corpiño de aceiro que impoñía a ditadura.
Este libro é unha homenaxe dun fillo a un pai: aos seus inicios en tempos duros, de posguerra e fame, a unha familia máis que humilde sen referentes paternos desde idade moi temperá.
José Ángel Fuentes é vogal coach, locutor audiovisual e conferenciante. Tras a súa licenciatura universitaria completou a súa formación coa 3ª edición do Máster de Radio Nacional de España antes de mergullarse no xornalismo desde abaixo. Dedicouse á locución en antena e a conducir e presentar espazos de programas de radio. Máis tarde centrouse na locución audiovisual e moi especialmente na dirección e axuste de moitos dos documentais que se poden ver na 2, actividade que terminou compaxinando coa formación vogal e a súa participación en multitude de foros e conferencias para compartir as experiencias da súa profesión.
Participantes:
- José Mª García Lastra, presentador e xornalista
- Paco González, xornalista deportivo
- Alfredo Relaño, xornalista deportivo
- Toni Martínez, xornalista
- Raúl Losánez, escritor, crítico e dramaturgo







