Presentación de "Fardel de eisilado", de Luis Seoane, na Coruña

Listen to this page using ReadSpeaker
448 lecturas

O martes 6 de abril ás 19:00 h, na sede da Fundación Luis Seoane na Coruña, preséntase a edición facsimilar de Fardel de eisilado, de Luis Seoane, obra editada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

  • Intervirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o vicepresidente da institución e coordinador da colección, Xosé M. Núñez Seixas; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira Castro; e o autor do estudo introdutorio, Gregorio Ferreiro Fente.

Asistencia: é necesario enviar un correo-e co nome completo e datos de contacto a difusion@consellodacultura.gal

Presentación de "Fardel de eisilado", de Luis Seoane, na Coruña
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Consello da Cultura Galega & Fundación Luis Seoane
Data: 
06.04.2021
Hora: 
19:00
Lugar:
Fundación Luis Seoane
San Francisco, 27
A Coruña - 15001A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: