Presentación do Camiño Inglés no Centro Betanzos de Bos Aires
O Centro Betanzos de Bos Aires, en Arxentina, realiza unha presentación do Camiño Inglés, da man da Asociación Uruguaia de Amigos do Camiño.
Manuel Mirás Franqueira, presidente de honor da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, compartirá a súa experiencia realizando esta aventura.
O acto terá lugar o xoves 22 de xaneiro, ás 19:00 horas, na sede do Centro Betanzos. Ao peche, compartirase un viño de honra cos asistentes.
Confirmación de asistencia: 1151618966 | 1141753238.

Evento:
Presentación
Organiza:
Centro Betanzos de Buenos Aires
Data:
22.01.2026
Hora:
19:00
Lugar:
Centro Cultural Betanzos
Venezuela 1536
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1095ABFCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






