Presentación da antoloxía poética "El Camino de las Estrellas / El Camí dels Estels / O Camiño das Estrelas", coordinada polo Centro Galego de Valencia, en Madrid
O martes 24 de xaneiro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, preséntase a antoloxía poética El Camino de las Estrellas / El Camí dels Estels / O Camiño das Estrelas, coordinada polo Centro Galego de Valencia
- Esta antoloxía trilingüe (castelán, galego e catalán ou valenciano) de poesía xorde para celebrar o Ano Xacobeo e convidarnos a realizar o Camiño de Santiago desde calquera punto de partida.
- Todos os poemas falan do que supón para o/a peregrino/a esta significativa experiencia. Cada poeta ou artista plástico/a tentou reflectir as súas propias vivencias dunha maneira persoal baseada na súa sensibilidade.
- O proxecto foi apoiado pola a Xunta de Galicia - Xacobeo 2021-2022, e o prólogo correu a cargo de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, quen nos convida nel a realizar o Camiño de Santiago no que sabe que será toda unha experiencia inesquecible. O mesmo fai María Ángeles Fernández, fundadora da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comunidade Valenciana, asociación sen ánimo de lucro que nos convida a saber máis sobre o Camiño de Levante e a que emprendamos a súa marcha desde a Comunidade Valenciana.
- Respecto ás imaxes que adornan esta antoloxía, foron realizadas con esmero por diferentes deseñadores gráficos, pintores e fotógrafos, de recoñecido prestixio, utilizando técnicas ás veces mixtas moi variadas e rechamantes.
- O acto será presentado polo poeta Antonino Nieto Rodríguez; a editora Lida López Miguel; e o presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes.
- Trala presentación, intervirá brevemente o pintor Antón Lamazares; e comezará un recital por parte dos/as poetas Ana Mª Gómez Pavón, Gloria de Frutos, Inma Marcos, Izase Batres, Mila Villanueva, Olga Patiño Nogueira e a actriz, Julia Cerdeiriña, acompañados/as polas voces de Tania Ruzs e Kevina Kull e polo piano de Sergio Kuhlmann.

Evento:
Presentación
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid
Data:
24.01.2023
Hora:
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






