Letras Galegas 2025 no Lar Galego de Chile
A corporación Lar Galego de Chile celebra o sábado 17 de maio o Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras e a poesía popular oral. O evento terá lugar ás 19:00 horas no Salón Cervantes do Estadio Español.
Entre as actividades haberá música, memoria e tradición, con especial mención para as cantareiras. Ademais, compartirase un viño para brindar pola lingua e a cultura galegas.
Entrada libre para socios. Os non socios poden poñerse en contacto coa organización para acudir.
Máis info: Facebook.

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Lar Galego de Chile
Data:
17.05.2025
Hora:
19:00
Lugar:
Estadio Español de Las Condes
Nevería, 4855
Las Condes - 758-0570Region Metropolitana (RM) Chile
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






