A Habana Galega: Historia e Memorias Cruzadas

Listen to this page using ReadSpeaker
380 lecturas

A cidade da Habana, cuxo quinto centenario se cumpre en novembro deste ano 2019, posúe unha relevancia sobranceira na historia de Galicia, nomeadamente dende o século XIX, por se converter entre as últimas décadas desa centuria e os comezos do século XX na segunda cidade do mundo con máis habitantes nados en Galicia, só superada por Bos Aires: contra 1919, máis dun terzo dos inmigrantes españois en Cuba e o nove por cento dos habaneiros nacera en Galicia. A comunidade inmigrante galega na Habana concentrábase sobre todo nas súas rúas céntricas e en barrios pesqueiros periféricos.

Na capital cubana existía tamén un mesto tecido asociativo galego dende 1871, unha esfera pública artellada por cabeceiras de prensa propias e decenas de sociedades microterritoriais ou de instrución. Nela resoaran ademais os movementos sociais e políticos desenvolvidos en Galicia dende finais do século XIX, dende o rexionalismo até o agrarismo e o nacionalismo. Dende alí sostívose a Academia Galega dende o seu nacemento, así como ducias de escolas, sociedades agrarias e periódicos anticaciquís de ámbito local, ademais de forxárense ou estreárense símbolos da Galicia contemporánea coma o himno galego. 

  • INSCRICIÓN
    • http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200881 | Tel.: 981 957 202
    • A inscrición é gratuíta
    • O número de prazas é limitado (100 persoas)
    • As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición
    • Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao Congreso
    • Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións

 

FICHA TÉCNICA

Coordinación:

  • Xosé M. Núñez Seixas
  • María Xosé Porteiro García

Colabora:

  • Secretaría Xeral de Emigración
  • Xunta de Galicia

Participante:

  • Xerardo Agrafoxo
  • Rosa Aneiros
  • María Xosé Porteiro García

Presenta:

  • Ramón Nicolás

Relator/a:

  • Pilar Cagiao
  • Manuel González
  • Sergio Guerra
  • Alfonso Iglesias Amorín
  • José C. Moya
  • Xosé M. Núñez Seixas
  • Cira Romero
  • Vicent Sanz
  • Raúl Soutelo
  • Luis Toledo Sande
A Habana Galega: Historia e Memorias Cruzadas
Evento: 
Congreso
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
07.11.2019 a 08.11.2019
Hora: 
10:00 - 21:00 | 9:30 - 19:15
Lugar:
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Santiago de Compostela - 15705A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: