Grellada polo Día de Galicia na Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires
A Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires, Arxentina, celebra unha grellada o domingo 26 de xullo, a partir das 13:30 horas, con motivo do Día de Galicia.
O encontro contará cun amplo menú, con acompañantes, sobremesa e bebidas. Ademais, haberá música para bailar co DJ Alberto Ángel Óscar Ciccone de Miguelina.
Entradas: $50.000 (rifa incluída).
Reservas: 11-4940-1850.
Máis info: Facebook.

Evento:
Día de Galicia
Organiza:
Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires
Data:
26.07.2026
Hora:
13:30
Lugar:
Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires
Juan Carlos Cruz 1361
Vicente López - B1638Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






