Gala de clausura das Escolas Abertas 2023
O sábado 15 de xullo a partir das 19:30 h, na Praza de Amboage de Ferrol, celebrarase a Gala de clausura do programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración.
- As alumnas e alumnos dos obradoiros de baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e cociña galega expoñerán o aprendido durante estes cursos de especialización que tiveron lugar do 6 ao 15 de xullo.
- A gala rematará co espectáculo musical Mitic.

Evento:
Concerto
Organiza:
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data:
15.07.2023
Hora:
19:30
Lugar:
Praza de Amboage
Ferrol - 15402A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






