"Financiación para las empresas en los mercados: la experiencia del MARF", en Los Almuerzos de AEGAMA

Listen to this page using ReadSpeaker
197 lecturas

O xoves 17 de xaneiro, de 13:30 a 16:30 h, dentro do ciclo de Los Almuerzos de AEGAMA, terá lugar a charla Financiación para las empresas en los mercados: la experiencia del MARF, a cargo de Gonzalo Gómez Retuerto, director xerente do MARF.

  • O Mercado Alternativo de Renta Fija (MAR) configúrase como unha iniciativa para canalizar recursos financeiros a un gran número de empresas que poden atopar nel unha vía para obter financiamento mediante a emisión de títulos de Renda Fixa.
  • A través desta plataforma xestionada por Bolsas y Mercados Españoles, con requisitos de acceso máis flexibles que os existentes noutros mercados,  que permite unha maior axilidade na tramitación das emisións e especificamente deseñada para favorecer o fácil acceso das empresas, as compañías que acoden ao  MARF poden beneficiarse dunha simplificación dos trámites e un menor custo de tramitación á hora de exporse realizar unha emisión. Tras a súa posta en funcionamento, en 2013, ata a data foron 53 compañías as que xa acudiron a este Mercado para obter o financiamento que precisaban,  vía a emisión de produtos a curto prazo: en forma de  pagarés,  e a medio e longo prazo: bonos,  project  bonds ou  titulizacións.

Temas que se tratarán no xantar:

  • Que oportunidades de financiamento ofrece este mercado?
  • Que requisitos deben cumprir as compañías que acudan el?
  • Que custos ten?

Inscricións:

  • Custo: 50 €
  • Antes do 15 de xaneiro

Máis info: gerente@aegama.com | Tlf.: 91.556 23 79 | www.aegama.com | Facebook | Twitter | LinkedIn

"Financiación para las empresas en los mercados: la experiencia del MARF", en Los Almuerzos de AEGAMA
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA)
Data: 
17.01.2019
Hora: 
13:30
Lugar:
Hotel Eurostars Madrid Tower
Paseo de la Castellana, 259 B
Madrid - 28046Madrid
España