"Financiación para las empresas en los mercados: la experiencia del MARF", en Los Almuerzos de AEGAMA
O xoves 17 de xaneiro, de 13:30 a 16:30 h, dentro do ciclo de Los Almuerzos de AEGAMA, terá lugar a charla Financiación para las empresas en los mercados: la experiencia del MARF, a cargo de Gonzalo Gómez Retuerto, director xerente do MARF.
- O Mercado Alternativo de Renta Fija (MAR) configúrase como unha iniciativa para canalizar recursos financeiros a un gran número de empresas que poden atopar nel unha vía para obter financiamento mediante a emisión de títulos de Renda Fixa.
- A través desta plataforma xestionada por Bolsas y Mercados Españoles, con requisitos de acceso máis flexibles que os existentes noutros mercados, que permite unha maior axilidade na tramitación das emisións e especificamente deseñada para favorecer o fácil acceso das empresas, as compañías que acoden ao MARF poden beneficiarse dunha simplificación dos trámites e un menor custo de tramitación á hora de exporse realizar unha emisión. Tras a súa posta en funcionamento, en 2013, ata a data foron 53 compañías as que xa acudiron a este Mercado para obter o financiamento que precisaban, vía a emisión de produtos a curto prazo: en forma de pagarés, e a medio e longo prazo: bonos, project bonds ou titulizacións.
Temas que se tratarán no xantar:
- Que oportunidades de financiamento ofrece este mercado?
- Que requisitos deben cumprir as compañías que acudan el?
- Que custos ten?
Inscricións:
- Custo: 50 €
- Antes do 15 de xaneiro
Máis info: gerente@aegama.com | Tlf.: 91.556 23 79 | www.aegama.com | Facebook | Twitter | LinkedIn
Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA)
Data:
17.01.2019
Hora:
13:30
Lugar:
Hotel Eurostars Madrid Tower
Paseo de la Castellana, 259 B
Madrid - 28046Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: