Festival das Letras Galegas en Lausanne, Suíza
As asociacións culturais galegas de Suíza celebran o 23 e 24 de maio o Festival das Letras Galegas en Lausanne. Serán dúas xornadas festivas cheas de tradición popular, no Pôle Sud desta cidade suíza, con concertos, obradoiros e conferencias.
Organizan: Asociación Cultural Galega A Roda (Lausanne), Irmandade Galega na Suíza (Xenebra), Promoción da Cultura Galega en Lausanne (PCGL) e a Asociación Española de Discapacitados e Xubilados en Suíza (AIPES).
As actividades estarán dedicadas ás cantareiras. En especial, os organizadores dedican este festival a Asunción, Prudencia, Manuela, Adolfina, Rosa e Eva, pero tamén ás centos de mulleres anónimas que fixeron posible que a tradición galega chegase ata os nosos días.
Máis info: Facebook.

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Irmandade Galega na Suíza
Asociación Cultural Galega A Roda
Data:
23.05.2025 a 24.05.2025
Hora:
18:30
Lugar:
Pôle Sud Lausanne
Av. Jean-Jacques Mercier, 3
Lausanne - 1003Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






