Festa Rachada Internacional Infantil na Asociación Galega Residentes de Mos
A Asociación Galega Residentes de Mos, en Bos Aires (Arxentina), celebra o sábado 8 de agosto, a partir das 17:30 horas, unha nova edición da súa Festa Rachada Infantil Internacional.
Unha xornada para os máis pequenos da casa, con música, bailes, bufete gastronómico, sorteos e moitas sorpresas. Ademais, como é habitual, será tamén un evento para celebrar as culturas de diferentes países. Nesta ocasión participarán:
- Grupos Estampas Peruanas, de Perú.
- Grupo de danzas lituanas Dobiliukai, de Lituania.
- Ballet ucraíno Infantoxuvenil Vinnytsia, de Ucraína.
- Academia de Danzas Milagros Martínez, de Venezuela.
- Grupo infantil de cantareiros e baile tradicional do Centro Galicia de Bos Aires e Os AgariMosos de Mos.

Evento:
Festa
Organiza:
Asociación Galega Residentes de Mos en Buenos Aires
Data:
08.08.2026
Hora:
17:30
Lugar:
Asociación Galega Residentes de Mos
Humberto 1º 3051
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1231ACICiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






