Festa final de curso da Escola de Dança Célia Neves do Centro Galego de Lisboa
O Centro Galego de Lisboa, Xuventude de Galicia, realiza o venres 3 de xullo, a partir das 20:00 horas, a festa de final de curso da Escola de Dança Célia Neves.
Un espectáculo de flamenco e sevillanas, onde os alumnos e profesores do Centro serán os protagonistas, cunha demostración do que ensaiaron durante todo o ano lectivo.
Ademais, haberá unha degustación de tapas españolas e moita animación.
Entrada libre.

Evento:
Representación
Organiza:
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Data:
03.07.2026
Hora:
20:00
Lugar:
Centro Galego de Lisboa
Rúa Júlio de Andrade, 3
Lisboa - 1150-206 Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






