Festa de final de curso da Escola de Dança Célia Neves do Centro Galego de Lisboa
O Centro Galego de Lisboa, Xuventude de Galicia, realiza o venres 4 de xullo, a partir das 20:00 horas, a festa de final de curso da Escola de Dança Célia Neves.
O espectáculo, para os amantes do flamenco e das sevillanas, estará presentado por Eládio Climaco e nel os protagonistas serán o alumnado e o profesorado da Escola. Ademais, no evento haberá degustación de tapas españolas.

Evento:
Representación
Organiza:
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Data:
04.07.2025
Hora:
20:00
Lugar:
Centro Galego de Lisboa
Rúa Júlio de Andrade, 3
Lisboa - 1150-206 Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






