Faladoiro "A Galicia navegante no imaxinario literario", na Coruña

Listen to this page using ReadSpeaker
354 lecturas

O venres 18 de setembro, de 19:00 a 20:30 h, na sede da Fundación Barrié na Coruña, dentro das actividades complementarias á exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié, terá lugar o faladoiro A Galicia navegante no imaxinario literario.

  • Estará coordinado e moderado por Olivia Rodríguez e abordará a importancia que as navegacións tiveron na nosa Literatura.
  • Nesta mesa redonda participarán Marilar Aleixandre, Manuel Bragado e Pemón Bouzas.

Máis info sobre a mostra: fundacionbarrie.org | Facebook | Twitter |  Instagram | YouTube

 

Faladoiro "A Galicia navegante no imaxinario literario", na Coruña
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
18.09.2020
Hora: 
19:00
Lugar:
Fundación Barrié
Cantón Grande, 9
A Coruña - 15003A Coruña
España