Exposición de pintura 'La vida que pintamos', en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
104 lecturas

Do mércores 3 ao martes 30 de abril pode visitarse na Casa de Galicia en Madrid a mostra de pintura La vida que pintamos, da artista viguesa Fernanda Fernández Suárez.

  • Filla de emigrantes galegos/as, Fernanda Fernández leva toda a súa vida artística expoñendo entre Galicia e Madrid óleos nos que manda a arte figurativa, a realidade mimetizada en pinceladas. 

  • Fernanda Fernández Suárez (Bos Aires, 1965) iníciase no debuxo en Vigo con nove anos, na Escola de Artes e Oficios. A técnica do carboncillo ensínalle a descubrir nun principio as formas, para estudar posteriormente a cor con pastel e óleo.

  • En Madrid compatibiliza os seus estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidad Complutense coa súa paixón pola pintura. A diferenza da cor do paisaxe castelán que agora lle rodea repercute no seu estilo. Tras perfeccionar a súa técnica no estudo de Enrique Sobisch, a súa personalidade como artista ponse de manifesto definitivamente.

  • En 1990 instálase en Vigo e a súa actividade pictórica non cesa. Expón con éxito en multitude de cidades e galerías.

  • A súa obra, de exquisita técnica realista, mostra unha procura incansable de perfección, de captar co pincel non só o que o ollo ve. A luz dos seus cadros achega máis que a estación do ano e a hora do día, fala tamén da limpeza do aire do bosque, da densidade do aire industrial, do sal do mar...

  • A súa visión dos obxectos e das paisaxes ten unha sensibilidade espiritual que descobre o carácter desta pintora.

Datas e horario de visita: do 03.04.2024 ao 30.04.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos: de 10:00 a 14:00 h.

Exposición de pintura 'La vida que pintamos', en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
03.04.2024
30.04.2024
Hora: 
10:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024, 21.05.2024, 28.05.2024