Exposición de pintura e escultura "Eklektikós", de Pilar Santos, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
124 lecturas

O luns 5 de xaneiro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra de pintura e escultura Eklektikós, de Pilar Santos.

  • Pilar Santos regresa á Casa de Galicia en Madrid cunha mostra que se caracteriza pola diversidade de medios utilizados ao longo dos anos e que tan ben domina. Desde as súas pinturas ao óleo, pasando polas súas novas esculturas con luz ou as coloristas máscaras, a súa obra evidencia a versatilidade e a disposición da artista para desafiarse constantemente pero sen perder un chisco da súa esencia. É unha excelente ocasión para gozar do seu infinito caudal imaxinativo que emana da súa mente, a través dos seus pinceis. Na pintura de Pilar predominan dúas notas: a cor e o movemento buscando sempre a inspiración na natureza e nas súas vivencias persoais.

  • Pilar Santos nace na Coruña. Estuda Arte e Cerámica na Coruña e Santiago de Compostela. Piano, solfexo e canto no Conservatorio de Música e Declamación da Coruña. Contrabaixo en Madrid, Aptitudes Musicais e o seu Diagnóstico, UNED, Madrid. Dirixe Departamentos de Música, Debuxo e Pintura en Colexios, Estudos, Museos, dedicándose ao ensino desde moi temperá idade.

Datas e horario de visita: do 05.02.2024 ao 29.02.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 h.

Exposición de pintura e escultura "Eklektikós", de Pilar Santos, en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
05.02.2024
29.02.2024
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: