Exposición "Kumano e Santiago. Camiños de peregrinación", en Madrid
Do 5 de xuño ao 31 de xullo permanecerá exposta na Casa de Galicia en Madrid a mostra Kumano e Santiago. Camiños de peregrinación, con fotografías de Tomohiro Muda e Luis Ocaña.
- O Kumano kodo desenvolve a súa espiritualidade sincrética e purificadora nas terras montañosas das prefecturas de Wakayama, Nara e Mie, mentres que o Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural de Europa, estende a súa tradición e os seus espazos sacros polo Vello Continente. Ambos os dous itinerarios de peregrinación, declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, irmandáronse en 1998, e desde entón emprenderon unha viaxe común que os relaciona e vincula nunha “peregrinación dual” que se desenvolve en terras tan distantes como unidas na promoción dos valores humanos.
- Os/as peregrinos/as xacobeos camiñan desde hai máis de mil anos ata Compostela, a cidade onde se lle rende culto ao apóstolo Santiago o Maior, e durante a ruta experimentan un encontro cos/coas seus/súas compañeiros/as de viaxe, a poboación local e consigo mesmos/as, inmersos/as nunha xeografía sacra de natureza e patrimonio. Nun exercicio de paralelismo cultural, os/as peregrinos/as de Kumano camiñan ao encontro dos deuses da natureza cara a un confín, pois ese é o significado de Kumano, inmersos en máxicos lindes de bosque e montaña.
- O Camiño de Santiago e o Kumano kodo celebran en 2023 os vinte e cinco anos do seu irmandamento. O desenvolvemento da chamada “peregrinación dual” logra que os/as que cumprimenten as súas respectivas acreditacións en ambos os camiños poidan obter unha acreditación común a ambos, como peregrinos/as de Santiago e Kumano.
Horario de visita: De luns a sábado, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h | Domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h
Díptico: Descargar

Evento:
Mostra
Organiza:
Turismo de Galicia - Xunta de Galicia
Data:
05.06.2023
31.07.2023
Hora:
10:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






