Exposición "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Hacer en el siglo", en Madrid
Do martes 5 de decembro ao venres 5 de xaneiro, na Casa de Galicia en Madrid, permanecerá exposta a mostra Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Hacer en el siglo.
- A exposición está composta por 20 paneis nos que se destacan os aspectos máis relevantes da traxectoria vital desta ilustre coruñesa, progresista, avanzada á súa época e cunha gran sensibilidade social, que deixou unha pegada indeleble tanto na cidade da Coruña como en toda Galicia. Juana de Vega foi a muller con maior relevancia política na España do século XIX; unha posición impulsada pola súa personalidade e carácter, as súas fortes conviccións e por un contexto social que recollía as ideas liberais chegadas do norte de Europa. A súa figura representa, ademais, a importancia da sociedade civil na Coruña e o papel do liderado feminino nese ámbito.
- Participaron no acto inaugural: Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega; e Gustavo Hervella García, coordinador e documentalista da exposición.
Datas e horario de visita: do 05.12.2023 ao 05.01.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 h.

Evento:
Exposición
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid
Data:
05.12.2023
05.01.2024
Hora:
10:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






