Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Foz

Listen to this page using ReadSpeaker
496 lecturas

O venres 3 de setembro ás 18:00 h, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) de Foz, inaugúrase a mostra Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración do Concello de Foz e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

  • A mostra creouse en 2019 cando se conmemoraba o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta.

  • Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Aquela epopea deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros.

  • Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Datas da exposición: do 3 de setembro ao 15 de outubro de 2021

Horario de visita: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h

Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Foz
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
03.09.2021
15.10.2021
Hora: 
9:00
Lugar:
Centro de Interpretación da Mariña - CENIMA
Travesía Riveira, 4
Foz - 27780Lugo
España