Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', en Curitiba

Listen to this page using ReadSpeaker
109 lecturas

O martes 20 de febreiro, na sede do Instituto Cervantes de Curitiba, inaugúrase a mostra Galicia Imaxinada nas revistas da emigración, exposición que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia no século XIX.

  • A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época

Datas da exposición: do 20.02.2024 ao 22.03.2024

Cartel informativo: Descargar

Horario de visita: de luns a venres, de 9:00 a 17:00 h; sábados, de 9:00 a 12:00 h

Máis info: cultura.cervantes.es/curitiba | Facebook | Twitter | Instagram

Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', en Curitiba
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Instituto Cervantes de Curitiba
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
20.02.2024
22.03.2024
Hora: 
9:00
Lugar:
Instituto Cervantes de Curitiba
Ubaldino do Amaral, 927 - Alto da XV (Condominio A Fábrika)
Curitiba - 80045-150Paraná
Brasil
booked.net