Exposición de fotografía "Solpores e amenceres de Galicia", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
512 lecturas

O martes 4 de xuño ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, inaugúrase a exposición de fotografía Solpores e amenceres de Galicia, organizada por Lúdica7.

  • Esta exposición recolle fotografías realizadas por fotógrafos/as entusiastas da paisaxe galega en dous momentos do día: o amencer e o atardecer. A mostra forma parte dos libros editados conxuntamente por Agrupación industrial de Turismo de Galicia e Grupo Comunicación e Deseño Lúdica7 titulados Solpores de Galicia e Amenceres de Galicia.

  • Tal e como describe a mostra Xosé Manuel Merelles Remy, director xeral de Turismo de Galicia, e prologuista do catálogo, "desprégase ante nós un manto de luz e sombra, capturando a esencia etérea dos momentos máis místicos do día. As fotografías desta exposición son xanelas abertas ás escenas onde o tempo parece deterse, permitíndonos explorar desde o misterioso Encoro de Vilasouto, coas súas augas tranquilas reflectindo os últimos raios de luz, ata o impoñente Monte Louro, onde o amencer rompe a escuridade coa promesa dun novo día. Cada imaxe seleccionada para esta mostra trae consigo a esencia dun lugar específico, desde as rúas empedradas de Santiago de Compostela, bañadas polo dourado do atardecer ata as vides da Ribeira Sacra, onde o amencer viches as terrazas de viño cun manto de luz e cor."

  • Con esta exposición non só se pretende gozar da beleza destas paraxes inmortalizados no instante máis máxico do día, senón tamén busca unha reflexión máis profunda sobre a nosa existencia, sobre o cíclico renacer que cada amencer e atardecer lémbranos.

  • Esta mostra é, ademais dun testemuño da habilidade das e dos fotógrafos para capturar a beleza efémera destes momentos, unha invitación para meditar sobre a nosa relación co universo, sobre o noso lugar no mundo. 

  • As e os fotógrafos que cederon de maneira desinteresada as súas imaxes e que conforman a exposición son: Miguel Iglesias, Pedro José García Flores, Josete Muñiz, Alejandro Piñero, Ana María García; Noel Feáns, Victor Flambó, Alfonso Sangiao, Cristina Macía, Sandra Domínguez, Paco Luna, Ana María García, Luis Vilanova, Fernando Facal, Paco Costa Lamas, Lunamarina, Daniel Villanueva, Berta García Jorge, Ana Martínez e Juliana Martínez.

Participantes: Alfonso Freire Benito, editor de Lúdica7

Datas e horario de visita: do 04.06.2024 ao 30.06.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 h.

Exposición de fotografía "Solpores e amenceres de Galicia", en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
04.06.2024
30.06.2024
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Semana Galega 2026 no Lar Galego de Chile.
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026