Exposición "Fillas de Galicia. Mulleres na emigración", en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

82 lecturas

De marzo a decembro de 2024 pode visitarse, con acceso libre, no Vestíbulo da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia (en Santiago de Compostela) a mostra Fillas de Galicia. Mulleres na emigración.

  • Con motivo do Día Internacional da Muller e no marco da serie Mulleres Sobranceiras, o Arquivo de Galicia organiza a exposición Fillas de Galicia. Mulleres na emigración, unha invitación á reflexión sobre o significado da dobre condición de ser muller e migrante.

  • Con ela quérese poñer de manifesto a desigual participación que homes e mulleres tiveron nas asociacións de emigrantes en tempos e espazos diferentes. Un escenario no que, sen embargo hai tamén luces e sombras.

  • En total móstranse un total de 56 documentos, entre os que se atopan libros de actas, de firmas, fotografías, historias clínicas e solicitudes para beneficiarse do Programa Reencontros que a Xunta de Galicia desenvolve para axudar a persoas emigrantes galegas con escasos recursos económicos a viaxar a Galicia. 

  • Os documentos que se exhiben en seis vitrinas proceden, maioritariamente, de dúas asociacións nacidas para ser punto de encontro dos galegos e galegas fóra da súa terra: unha en Uruguai (a Casa de Galicia de Montevideo, nacida en 1917) e a outra en Barcelona (Asociación “O Penedo” Fogar Galego, fundada nos anos 80). Xunto a eles tamén se exhiben historias clínicas do Hospital Psiquiátrico de Conxo e diferentes testemuños das relacións coas comunidades galegas levadas a cabo pola Administración autonómica desde os primeiros momentos da súa creación.

Horario de visita: de 9:00 a 21:00 h

Máis info: www.cidadedacultura.gal | Facebook | Twitter | Instagram

Exposición "Fillas de Galicia. Mulleres na emigración", en Santiago de Compostela
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Xunta de Galicia | Arquivo de Galicia
Data: 
08.03.2024
31.12.2024
Hora: 
9:00
Lugar:
Biblioteca e Arquivo de Galicia - Vestíbulo
Monte Gaiás s/n - Cidade da Cultura de Galicia
Santiago de Compostela - 15707A Coruña
España
booked.net