Exposición "Entroido. Mobiliario vestido, escultura", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
541 lecturas

O martes 9 de xaneiro ás 19:00 h, na Casa de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra Entroido. Mobiliario vestido, escultura, de Ángel Manuel Rodríguez Romero "Piquico".

  • Mobiliario vestido pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble.

  • Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos  personaxes do entroido, o seu animalario, como a mula ou o oso e os elementos típicos e simbólicos desta festa.

  • O resultado son esculturas-personaxe "vestidas" de mobiliario ou ao revés - xa sexa unha mesa, un andel, un armario,  unha lámpada, un pupitre escritorio, un botelleiro, unha cadeira, un espello, etc. en paralelo cos motivos do entroido.

  • As obras son basicamente figurativo-xeométricas nas que interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma ou a anatomía.

  • Pezas orgánicas, xogando á vez co contraste da pura xeometría do mobiliario, o cubismo e a idea de corte, de ensamble, de bloque ou de desbaste.

  • Móstrase desde o máis duro ao máis branco ou o máis áspero, xogando coa cor ou a textura provocados polas ferramentas e a forma.

  • O material utilizado é sobre todo madeira, de varios tipos, tamén lousa, pedra, papel de parede, mármore, granito, ferro ou a iluminación.

  • Os acabados van desde os naturais ou pulidos, policromía, pigmentación, lacado ou lustre, dando brillantes transparencias de cor, efectos de esmaltado.

  • A propia materia orgánica, xunto coas cristalinas transparencias ou material lacado, simbólicamente contrapostos, tentan conciliarse e simbolizar o representado.

  • Piquico é un artista recoñecido a nivel nacional que levou a cabo exposicións e actividades artísticas relacionadas co mundo e a cultura do entroido relacionadas coas súas raíces na zona oriental de Ourense.

Datas e horario de visita: do 09.01.2024 ao 31.01.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 h.

Exposición "Entroido. Mobiliario vestido, escultura", en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
09.01.2024
31.01.2024
Hora: 
19:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net