Entroido na Irmandade Galega na Suíza
O centro galego Irmandade Galega na Suíza, en Xenebra, celebra a súa particular festa do Entroido o sábado 14 de marzo.
Será unha noite de troula, disfraces e boa comida. Un evento, na súa sede, que comezará ás 19:00 horas.
O menú para esta ocasión especial contará con:
- Lacón con grelos.
- Filloas.
- E café.
Ademais, actuará o grupo tradicional galego da entidade, a Igns Trad, e tamén haberá Dj para unha gran verbena. Os organizadores animan a todos os asistentes a acudir disfrazados.
Reservas: 022 731 27 06.
Prezo: Socios/Socias: Gratis | Público Xeral - 45 CHF.

Evento:
Entroido
Organiza:
Irmandade Galega na Suíza
Data:
14.03.2026
Hora:
19:00
Lugar:
Irmandade Galega na Suiza
Rue de la Calle 42
Onex - 1213Geneva Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






