Entrega de diplomas acreditativos da concesión das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2018-2019

Listen to this page using ReadSpeaker
533 lecturas

O xoves 29 de novembro ás 18:30 h, no Centro Galego de Arte Contemporánea - CGAC de Santiago de Compostela, celebrarase o acto de entrega de diplomas acreditativos da súa concesión aos/ás beneficiarios/as do programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para a realización dun mestrado, da Secretaría Xeral da Emigración, e do programa de Bolsas Retorno para Formación Profesional, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

  • Asistirán ao acto a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, o secretario xeral da Emigración e representantes das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

Nota: o evento será retransmitido a través de Facebook Live

Entrega de diplomas acreditativos da concesión das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2018-2019
Evento: 
Recepción
Organiza: 
Xunta de Galicia
Data: 
29.11.2018
Hora: 
18:30
Lugar:
Centro Galego de Arte Contemporánea - CGAC
Ramón del Valle Inclán, 2
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: