Encontro con persoas refuxiadas "Castelao maxistral. Exilio e refuxio. Dúas situacións na nosa sociedade contemporánea", na Cidade da Cultura de Galicia
O xoves 17 de xaneiro ás 18:30 h, no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela, dentro das actividades arredor da exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración de Amnistía Internacional, organiza o encontro Exilio e refuxio. Dúas situacións na nosa sociedade contemporánea.
- A Guerra Civil en España obrigou ao exilio o artista e intelectual galeguista Daniel Rodríguez Castelao. A súa obra icónica A derradeira leición do mestre —enmarcada nesa época escura de represión fascista— é a peza protagonista da exposición que acolle o Museo Centro Gaiás, Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra. Por iso, o programa de actividades ao redor desta mostra —que está a ser visitada xa por máis de 20.000 persoas— obrigaba a celebrar un encontro con persoas que na actualidade —en condición de refuxiadas ou exiliadas— están a pasar unha situación similar á que viviu Castelao e moitas e moitos dos seus coetáneos.
- Na nosa sociedade actual, a nivel global, estase a vivir unha complicada situación xeopolítica que se reflicte no número de vítimas de conflitos bélicos e políticos, especialmente visibles a través do número de persoas refuxiadas, exiliadas e/ou represaliadas.
- Para darlle visibilidade a esta situación, e grazas á colaboración con Amnistía Internacional, a Cidade da Cultura incorpora nas súas actividades ao redor da exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra este encontro con persoas refuxiadas e exiliadas que, neste intre, viven en Galicia.
- O obxecto é que compartan a súa crúa experiencia, na que dean a coñecer a realidade dos seus países e zonas de orixe en conflito, á vez que procurar eses paralelismos co contexto sociopolítico de Castelao, pero sobre todo escoitar e empatizar coas súas inquedanzas e coas súas necesidades.
- A mesa será moderada polo responsable de Relacións Institucionais de Amnistía Internacional de Vigo, Manuel Martínez Barreiro, e formarán parte da mesa:
-Juan Sosa Maldonado, persoa refuxiada proveniente de Oaxaca (México).
-Nour Al Hussen, persoa exiliada proveniente de Siria.
Entradas: De balde, previa inscrición
Máis info: www.cidadedacultura.gal | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Fundación Cidade da Cultura de Galicia
Data:
17.01.2019
Hora:
18:30
Lugar:
Museo Centro Gaiás - Aula Seminario
Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela - 15707A Coruna España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: