Semana Galega 2026 no Lar Galego de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

71 lecturas

A corporación Lar Galego de Chile celebra neste mes de xullo a Semana Galega 2026, que comezará o xoves 16 de xullo e que culminará o domingo 26 co evento principal, o gran xantar.

A programación será a seguinte:

  • Xoves 16 ás 18:00 horas: Foliada e Queimada no Salón El Cid, do Estadio Español.
  • Martes 21 ás 19:00 horas: Charla sobre Santiago Apóstolo, co xornalista e historiador Juan Guillermo Prado Ocaranza, no Salón Cervantes do Estadio Español.
  • Xoves 23 ás 19:30 horas: Final do campionato de tute no Salón de Xogos do Estadio Español.
  • Sábado 25 ás 11:00 horas: Misa Catedral de Santiago, na praza de Armas de Santiago de Chile.
  • Domingo 26 ás 13:00 horas: Gran xantar 2026 no Salón de Los Reyes do Estadio Español.

Para o gran xantar, as entradas xa están á venta, para unha xornada con gastronomía, pero tamén moitos bailes e música de gaitas.

Entradas: Adulto: $35.000 | Nenos: $15.500.

Reservas: +56 9 9918 7106.

Descargar cartel.

    Máis info: Facebook | Instagram.

    Semana Galega 2026 no Lar Galego de Chile.
    Evento: 
    Día de Galicia
    Organiza: 
    Lar Galego de Chile
    Data: 
    16.07.2026
    21.07.2026
    23.07.2026
    25.07.2026
    26.07.2026
    Hora: 
    18:00
    Lugar:
    Estadio Español de Las Condes
    Nevería, 4855
    Las Condes - 758-0570Region Metropolitana (RM)
    Chile
    booked.net