Desfile da Hispanidade, na honra ao Xacobeo 2027, coa presenza da Casa Galicia de Nova York

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

53 lecturas

A Casa Galicia de Nova York, "Unity Gallega of U.S.", celebra o domingo 11 de outubro, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Desfile da Hispanidade 2026, o cal farase este ano na honra ao Xacobeo 2027.

Os autobuses sairán ás 9:00 AM da sede da Casa, ofrecéndose almorzo previo. O desfile terá lugar na Quinta Avenida, desde a rúa 44 ata a rúa 69, e nel participarán delegacións de 21 países de fala hispana.

Ademais, ao regreso, haberá unha comida na entidade para os participantes, así como a actuación da Agrupación Folklórica Celme de Pontevedra.

Os interesados teñen para inscribirse ata o 6 de outubro.

Máis info: Facebook | Instagram.

Desfile da Hispanidade, na honra ao Xacobeo 2027, coa presenza da Casa Galicia de Nova York.
Evento: 
Festa
Organiza: 
Casa Galicia NY - Unity Gallega of U.S.
Data: 
11.10.2026
Hora: 
9:00
Lugar:
Casa Galicia de NY
3709 31st Avenue, Astoria
Nova York - 11103Nova York
Estados Unidos
booked.net