Décimo aniversario do grupo Galiza Celta Delémont en Suíza

Listen to this page using ReadSpeaker
436 lecturas

O grupo de música e baile galego Galiza Celta Delémont, radicado neste distrito de Suíza, celebra o sábado 10 de maio, a partir das 17:00 horas, unha festa polo seu décimo aniversario.

Nesta celebración, que terá lugar na Salle de Spectacles da Rue du Cornat 17 de Courtételle, actuarán os seguintes artistas:

  •  Irmandade Galega na Suíza, de Genève.
  • ACG A Roda, de Lausanne.
  • DJ Rokiño e DJ Tincinho, de Galicia.
  • Tania Veiras, tamén de Galicia.
  • E o propio grupo Galiza Celta Delémont.

Ademais, tamén haberá un gran menú con: ensalada, churrasco, crioulo, sobremesa e café.

Reservas: ata o 27 de abril.

Prezos das entradas: Verbena: 10 | Verbena e menú: 35 | Verbena e menú (de 4 a 12 anos): 15.

Máis info: Facebook | +41 851 21 76 | galizaceltadelemont@gmail.com.

Décimo aniversario do grupo Galiza Celta Delémont en Suíza
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Galiza Celta Delémont
Data: 
10.05.2025
Hora: 
17:00
Lugar:
Salle de spectacles
Rue du Cornat 17
Courtételle, Delémont - 2852Jura
Suíza
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Cine galego no Centro Galego de Lisboa.
09.09.2026, 23.09.2026, 30.09.2026
Olimpíadas Galegas 2026 na Irmandade Galega de Venezuela.
11.09.2026, 12.09.2026, 13.09.2026, 18.09.2026, 19.09.2026