Curso de busca activa de emprego en A Coruña

Listen to this page using ReadSpeaker
689 lecturas

Do luns 12 ao venres 16 de novembro, en horario de 17,00 a 18,30 h., a ONGD Ecos do Sur organiza - no seu novo local da rúa do Aaiún, nº 2- un Curso de busca activa de emprego, no que os e as asistentes aprenderán a buscar emprego dunha forma máis efectiva, así como a elaborar currículos e outras ferramentas que os achegarán ao que buscan as empresas. A incorporación ao mercado laboral é un paso imprescindible para alcanzar unha correcta integración, en especial do colectivo inmigrante, o que constitúe un dos retos fundamentais desta organización que traballa con este colectivo dende hai máis de vinte anos.

Inscricións:

  • Por tlf.: 981 150 118
  • De xeito presencial: rúa Ángel Senra, 25 (A Coruña)
Curso de busca activa de emprego en A Coruña
Evento: 
Curso
Organiza: 
Ecos do Sur
Data: 
12.11.2012 a 16.11.2012
Hora: 
17,30
Lugar:
Ecos do Sur
Aaiún, 2, baixo (zona Agra do Orzán)
A Coruña - 15010A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026