Festival Gastronómico Español en Costa Rica coa participación do Lar Galego
O Lar Galego de Costa Rica participa do 15 ao 25 de outubro no Festival Gastronómico Español celebrado na capital do país centroamericano.
A celebración, con sabores, cultura e tradición de España en Costa Rica, contará con moitas actividades culturais durante as xornadas do festival. Haberá:
- Degustación de produtos.
- Obradoiros de tapas españolas.
- Foros e charlas.
- Música en directo.
- Cociña sostible.
- Xogos tradicionais e contemporáneos españois.
Ademais, entre as actividades destacadas haberá unha homenaxe ao cociñeiro Vicente Aguilar Cerezo "Vicentico". Do mesmo xeito, cabe salientar que cada restaurante participante contará cun photocall informativo dedicado ás quince Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Evento:
Feira
Organiza:
Lar Galego de Costa Rica
Data:
15.10.2026 a 25.10.2026
Hora:
20:00
Lugar:
Barrio Escalante
San José - 10101San Jose
Costa Rica
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
15.10.2026 a 18.10.2026






