Conferencia sobre Valle-Inclán da investigadora Rosario Mascato na Universidade de Barcelona
Na Facultade de Filoloxía e Comunicación, e no marco da exposición “ Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido”, o acto contará coa participación do presidente do Centro Galego de Barcelona, a presidenta do Consello da Cultura Galega, o vicedecano de Investigación e Relacións Internacionais da Facultade e o director da aula de Teatro de Filoloxía.
A profesora da Universidade da Coruña e investigadora da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago Rosario Mascato, ofrecerá mañá, martes, 11 de febreiro, ás 19 horas, na aula Joan Maragall da Facultade de Filoloxía e Comunicación da Universidade de Barcelona, unha conferencia sobre “Galeguidade e tradución no Valle Inclán across- borders”.
A iniciativa ten lugar no marco da exposición “Outros verbos, novas lecturas: ValleInclán traducido (1906-1936)”, inaugurada na UB o pasado 12 de decembro grazas a un acordo da devandita Universidade coa Oficina de Turismo do Centro Galego de Barcelona e o Consello da Cultura Galega. O acto contará coa participación do presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o vicedecano de Investigación e Relacións Internacionais da Facultade, Josep Solervicens; e o director da aula de Teatro de Filoloxía, Gaston Gilabert.
