Conferencia "Business Angels e creación de empresas no sector cultural", en Zaragoza
O mércores 19 de febreiro ás 19,00 h., nas instalacións de Kühnel Estudios Superiores, a Asociación de Empresarios Gallegos de Riberas del Ebro (AEGARE) organiza a conferencia Business Angels e creación de empresas no sector cultural. O obxectivo é a posta en marcha dunha rede suprarrexional de Business Angels, con investidores/as ou mecenas de Galicia, Madrid e Aragón e outras comunidades autónomas por onde transcorre o río Ebro, específica de proxectos de emprendemento das Industrias Culturais e Creativas. O proxecto ten como obxectivo dinamizar o emprendemento e o investimento no sector cultural, mediante a posta en marcha de actividades diferentes e, ao mesmo tempo, complementarias, coas que se pretende informar e captar emprendedores/as e investidores/as.
- Obxectivos da conferencia
-Difundir o concepto de Business Angels como un bo recurso para cubrir o baleiro existente no financiamento de proxectos empresariais das Industrias Culturais e Creativas
-Promover o investimento por parte dos Business Angels
-Apoiar a todos aqueles colectivos que traballan neste campo e conseguir o financiamento de proxectos no sector das Industrias Culturais e Creativas. - Contido
-O concepto de Business Angel
-Características dos Business Angels
-As redes de Business Angels
-O sector cultural e de entretemento en España
-Os Business Angels Culturais
-O proceso de financiamento
-Casos de éxito
- Polas limitacións de aforo, precísase confirmar a asistencia:
-No tlf.: 976 301 451976 301 451
-Ou no enderezo de correo-e: info.aegare@gmail.com
-Máis info: www.aegareempresarios.com






