Conferencia "Antonio Palacios Ramilo, arquitecto. Descrición persoal, o que puido ser e non foi", en Madrid
O martes 12 de decembro ás 19:00 h, na Casa de Galicia en Madrid, Antonio Troncoso de Castro pronunciará a conferencia Antonio Palacios Ramilo, arquitecto. Descrición persoal, o que puido ser e non foi.
Acompañarán ao conferenciante: Horacio Rico Rodríguez, presidente de FAGAMA; e Fernando Gómez, presidente da Xuntanza de Alcobendas.
Antonio Troncoso de Castro é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi ponente e profesor en diversos simposiums e publicou numerosas obras e artigos sobre Dereito. Foi profesor de Xeografía Turística.
Pronunciou a súa primeira conferencia en Xuntanza co título “Lendas, tradicións e mosteiros en Galicia" en xaneiro de 1999, despertando tan gran expectación, que, desde entón, estivo presente en todas as Festas en Honor da Virxe da Paz.
As súas conferencias marianas, ao longo destes anos, son seguidas por un numeroso, entusiasmado e expectante público. Velaquí algún dos seus títulos: “Lendas, devocións, e santuarios marianos en Galicia”, “Romarías da Ría de Vigo”, “Romarías do Baixo Miño”...
Con motivo do Xacobeo 2004 pronunciou “O Cebreiro: Historia, Lenda e Relixiosidade” e “Os Camiños a Compostela”.







