Conferencia "Antonio Palacios. Obra e legado nunha viaxe de ida e volta de Galicia a Madrid", en Madrid
O xoves 22 de febreiro ás 19:00 h, na Casa de Galicia en Madrid, Jesús Ángel Sánchez García pronunciará a conferencia Antonio Palacios. Obra e legado nunha viaxe de ida e volta de Galicia a Madrid.
Jesús Ángel Sánchez García (A Coruña, 1967) é catedrático de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións enfocáronse cara á historia da arquitectura e o urbanismo en Galicia nos séculos XVIII ao XX, con especial atención a diferentes tipoloxías —teatros, cinemas, faros, pazos e os seus xardíns—, así como ás condicións profesionais e produción de destacados mestres de obras e arquitectos no mesmo período. No ano 2000 recibiu o Premio Galicia de Investigación en Humanidades. Desde 2021 coordina o grupo de investigación Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo (GI-1510).







