Coloquio e actuación musical de novas artistas premiadas en "Letras escritas e cantadas" do Xuventude Crea, en Madrid
O xoves 29 de xuño, ás 19:30 h, á Casa de Galicia en Madrid chegan dúas dos/as premiados/as na edición 2021 de "Letras escritas e cantadas" do Xuventude Crea. Na categoría de novela curta, Alba Guzmán Falcón, de Ourense, fíxose co primeiro premio por Xoaniña de deus. E por outra banda, premiouse o talento musical da ourensá Alicia Otero por O retrato e Saliva e alcatrán. O xurado considerou a súa proposta a piano e voz de tinguiduras souleiras como a máis interesante.
- A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquietude artística individual e colectiva da mocidade galega, convoca anualmente o programa "Xuventude Crea", un certame de creadores/as novos/as que pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación. Este certame comezou a súa andaina en 2010 coa denominación "Xuventude Crea".
- "Xuventude Crea" pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer a lestes novos talentos e as súas obras nun amplo abanico de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da mocidade galega, e fomentar entre as novas actividades de lecer e tempo libre saudable.
- Este certame busca recoñecer e dar visibilidade á innovación e á creatividade da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes. Participan mozos/as non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade. Son un total de 14 as categorías que abarcan, desde a creación de videoxogos e videocreación; ata novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografía, música, poesía, banda deseñada ata grafiti, deseño de xoias, moda e danza.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid
Data:
29.06.2023
Hora:
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






