Coloquio da directora de cine Carla Simón en colaboración coa Comunidade Galega de Catalunya
A directora de cine Carla Simón, xunto co equipo de actores de "Romería", farán un coloquio nos Cines Filmax de Gran Vía, en Barcelona, en colaboración coa Comunidade Galega de Catalunya o sábado 6 de setembro ás 19:45 horas.
A directora presentará a súa película, que se estrea este venres 5 de setembro nos cines, na que relata as súas vivencias nunha viaxe a Vigo para coñecer á familia do seu pai e entender o pasado familiar. Trátase da obra coa que pecha a súa triloxía de películas persoais.
Este evento enmárcase dentro do proxecto "Unha Xeración - Dous Mundos", da Comunidade Galega de Catalunya.
Poden reservarse entradas a través de Xuntanza de Catalunya: xuntanzacatalunya@gmail.com
Máis info: Facebook.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Xuntanza de Catalunya
Data:
06.09.2025
Hora:
19:45
Lugar:
Cines Filmax Gran Vía
Avinguda de la Granvia de l’Hospitalet, 75
L'Hospitalet de Llobregat - 08908Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
28.02.2026
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026






